Novo folleto de Turgalicia: "Cidades para gozar".
Nas páxinas referidas a Ourense, cunha ilustración da Chavasqueira dise o seguinte:
"O visitante de Ourense debe empaparse da esencia da cidade, do elemento que orixinou o asentamento, as augas termais.
A área termal da Chavasqueira–Outariz ofrece unha inmellorable oportunidade de gozar e aproveitar as bondades das augas mineiro–medicinais quentes que brotan das diferentes burgas existentes no contorno da cidade. Para iso pódese percorrer o Paseo Termal, que discorre pola marxe dereita do río Miño, comezando no Campo da Feira e rematando en Outariz.
Nun percorrido de tres quilómetros pódese gozar de catro estacións termais. A primeira é a Chavasqueira, con piscinas de auga quente mineiro–medicinal (mana a 41º), de uso público, e o complexo privado de inspiración xaponesa Termas da Chavasqueira. A cincocentos metros atopase a Fonte de augas termais do Tinteiro, con boas propiedades para problemas dermatolóxicos, que mana a 43º. Seguindo o sendeiro habilitado polo concello, a dous quilómetros do Tinteiro, aparece a Burga do Muíño das Veigas (as augas manan a entre 65º e 72º), que conta con catro piscinas termais públicas. O percorrido termal remata en Outariz, onde se atopan catro piscinas moi semellantes ás da Chavasqueira, con auga que mana a 61º, indicada para as doenzas reumáticas e artríticas.
O contorno polo que discorre o paseo é envexable, coas ribeiras do río Miño recuperadas, acondicionadas e de gran valor natural. En calquera época do ano podemos acudir a este conxunto, con piscinas públicas ao aire libre e ambientes privados.
TERMAS DA CHAVASQUEIRA
Mercado da Feira, s/n.
Tel.: 988 214 821
www.termaschavasqueira.com
TREN DAS TERMAS
Achega aos visitantes aos manantiais e termas da marxe dereita do Miño.
Funciona durante o todo o ano.
Información sobre horarios no tel. 988 366 064"
Un lugar de paz y relajación a través de las aguas termales. La inspiración japonesa y la cultura zen ambientan este establecimiento ubicado en la orilla del río Miño. Catorce termas interiores y exteriores de agua termal y fría; cascadas, café-bar; tratamientos de relajación y belleza; terraza sobre el río Miño.
miércoles, 17 de septiembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario