
La Voz de Galicia, 09/08/2008:
O centro termal, inaugurado na xornada de onte, ten capacidade para acoller a un milleiro de bañistas diarios
Ourense xa ten un novo antídoto contra a tensión. Na marxe dereita do río Miño, á altura de Outariz, está aberta desde onte a segunda estación termal máis grande de Galicia. Con todo o necesario para relaxar ao executivo máis tenso ou ao traballador máis canso, a instalación ocupa unha superficie de catro mil metros cadrados onde todo leva ao visitante a unha viaxe virtual ao afastado Oriente. De inspiración xaponesa, converterase no referente termal da capital creando vinte postos de traballo e con capacidade para mil bañistas diarios. «Ourense necesitaría dez instalacións como esta. O que en Xapón é referencia, témolo a dez minutos da cidade», indicou orgulloso Pablo Villuendas, xerente de Ibernisha, que está á fronte dun recinto que supuxo un investimento de dous millóns de euros.
Liderando a comitiva política estivo o tenente de alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, rodeado por unha ampla representación do PP -o proxecto xestionouse na época popular-e dous edís do PSOE. O alcalde socialista, Francisco Rodríguez, rexeitou acudir á inauguración.
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2008/08/09/0003_7047393.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario