A partir do minuto 21 e 25 segundos, hai unha belas imaxes do noso circuíto termal.
«A mochila do viaxeiro» Magosto de Ourense (cap. 31 - 25/11)
A mochila do viaxeiro deténse esta fin de semana na cidade das burgas para asistir a celebración da festa dos magostos. Coíncidindo co día de San Martiño, patrón de Ourense, Marta Doviro percorrerá as rúas de Ourense en compañía de César Prada, pintor e escultor ourensán.
Logo haberá tempo para visitar as burgas, e coñecer máis de preto a Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro, e visitar con él a praza maior onde se reparten as castañas, o chourizo e o viño novo. Alí, entre multitude de xente, coñeceremos un grupo de reguefeiros.
Xa pola noite, para despedirnos, visitaremos as Termas de Outariz, un xardín Zen único en Galicia.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada