
A Andaina Capital Termal arrancará o día 13 ás 9.00 horas desde Outariz para retornar a ese mesmo punto ás 16.00 horas, longo dun percorrido rural e urbano de preto de 29 quilómetros que ten a súa maior dificultade na subida a Astrés por Cudeiro. Ao longo do percorrido habilitaránse 5 puntos de avituallamento para atender aos participantes e realizar os correspondentes contros. Todos os participan deberán ser maiores de 16 anos e irán equipados cos dorsais e camisetas conmemorativas que pon á súa disposición a Concellería de Deportes.
O edil de Deportes, Fernando Varela, destacou a calidade e aceptación da proba, que cada ano ten mellor recepción entre os veciños da cidade e lembrou o “compromiso e implicación de todo o Concello con esta actividade”, unha colaboración económica e de infraestruturas por parte da Concellería de Deportes á que se suma Medio Ambiente coa limpeza dos camiños e Mobilidade, que pon a disposición dos participantes autobuses para o traslado ao punto de saída así como para o regreso (14.00, 15.30 e 17.00 horas).
O prazo de inscricións xa está aberto e p0derá realizarse no Pavillón dos Remedios e en Deportes Redonet, cun custe de 6€.
VIII Andaina “Ourense, Capital” – 13 de marzo de 2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario