viernes, 15 de mayo de 2009

Concentración moteira As Burgas 2009

A Asociación Cultural Torques, en colaboración coas Concellerías de Turismo e Termalismo de Ourense repiten un ano máis a organización da concentración moteira As Burgas, que cumple este 2009 sete edicións. Desde o venres e ata o domingo o recinto de Oira convertiráse no punto de encontro de centos de afeccionados o motociclismo de dentro e fora de Galiza, en tres días de actividade na que haberá concertos, demostracións acrobáticas e concuros de show bike. A edición deste ano terá un forte carácter termal, con excursións as termas de Outariz e ruta monumental no entorno das Burgas.

A presentación do evento desenvolveuse esta mañá coa presencia da edil de Turismo e Comercio, Ana Garza, quen acompañou os representantes da A.C. Torques na mesa. Apuntou que “desde a nosa Concellería entendemos actividades como esta un reclamo diferente para atraer turismo á cidade: esta concentración xenera moito movimento de xente e non podíamos deixar de apoiala”.

Lisardo Pérez Fernández, vicepresidente de Torques, apuntou que todo o recinto de Oira contará cun mercado ambulante de productos relacionados co mundo das motos “que sempre lle dan moita vida a este tipo de eventos” así como un nutrido conxuntos de grupos que actuarán o longo da concentración, entre os que se atopan os ourensáns Megapearls, Doc Magoo, ATDC, Renegados, Dixie Boys ou os ‘clons’ de U2, MU2.


Polo momento xa se preinscribiron máis de 450 persoas aínda que “a maior afluencia chega entre o venres e o sábado” coa previsión de acadar o milleiro de inscritos. O prezo para eles é de 30 euros (a preinscripción era de 25) mentres que os curiosos que se queiran achegar ao recinto poden escollera entre un abono de 10 e 3 euros.

PROGRAMA DA VII CONCENTRACIÓN AS BURGAS
VENRES
14.30 h Apertura inscricións
21.00 h Ruta As Burgas
22.00 h Cea
23.50 h Concertos

SÁBADO
09.00 h Almorzo
10.00 h Apertura do show-bike
11.15 h Ruta e visita bodegas do Ribeiro
14.30 h Xantar
16.00 h Excursión ás termas de Outariz
17.30 h Inicio dos xogos colectivos
22.00 h “Desfile das antorchas”
22.45 h Cea
23.50 h Concertos, entrega de premios do show-bike e sorteos

DOMINGO
11.45 h Acrobacias a cargo de Paulo Martinho
14.30 h Clausura da 7º edición das Burgas


http://www.turismodeourense.com/index.php?id=25&tx_ttnews[tt_news]=724&tx_ttnews[backPid]=23&cHash=e505e707a1


La asociación Torques organiza un año más su concentración motorista, a la que acuden moteros de todos los rincones de España. Se prevé que seis mil personas acudan a la ciudad por este motivo. El epicentro de la actividad se sitúa desde hoy en Oira y se mantendrá todo el fin de semana.

Por su alto poder de convocatoria, colabora la Concellería de Turismo porque ve que esto sirve para promocionar la ciudad.


http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/05/15/0003_7718248.htm

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009051500_16_327288__Portada-de-Ourense-Motoristas-toda-cita-Concentracion-Burgas

http://www.laregion.es/noticia/90887/ourense/concentraci%C3%B3n/motera/s%C3%A9ptima/edici%C3%B3n/burgas/


No hay comentarios: