miércoles, 6 de agosto de 2008

Ourense, capital termal

Os seus mananciais a bo seguro exerceron unha profunda atracción aos romanos que se asentaron no fértil val.

A cidade de Ouro. Así a chamaron e aínda que hai moitos anos que o Miño non deixa nas súas ribeiras o desexado metal, os ourensáns parecen ter descuberto un tesouro aínda máis valioso: o tempo. Un tempo para compartilo con eles, pasear polas súas rúas e parques, relaxarse nas termas e perderse polo casco antigo non ten prezo. Porque esta cidade esta chea de xoias. Cruzar a súa Ponte Romana, subir a Ponte do Milenio, tocar a auga das Burgas, asombrarse co Santo Cristo na Catedral é toda unha experiencia que lle invitamos a coñecer.

Fonte: Web do Concello de Ourense (http://www.ourense.es/portalOurense/fdes_d4_v1.jsp?busqueda=52&tipo=2&nivel=1&codMenu=3)

No hay comentarios: