sábado, 15 de junio de 2013

Campamentos de día con Saint James Institute



Sabemos que o millor xeito de aprender ingles é dun xeito natural e divertido.

Os nosos campamentos combinan actividades interesantes  para que os rapaces disfruten e ao mesmo tempo aprendan.

Contamos con máis de 5 anos de experiencia facendo campamentos de inglés residenciales e urbanos en toda Galicia.

Máis de 3.000 rapaces de todas as idades nos avalan.

Os nosos campamentos son totalmente en inglés.

Creados e diseñados por SAINT JAMES INSTITUTE e con monitores e profesorado nativos en lingua inglesa.


Metodoloxía

Non hai libros, nin libretas, falamos, falamos e falamos en inglés.

Os nosos campamentos están especialmente deseñados para que os nenos e mozos con distintos niveles de inglés aprendan e melloren o seu nivel de fala en inglés.

A metodoloxía nos campamentos Saint James Institute é integradora, participativa e sobre todo, comunicativa.  O labor dos nosos monitores e profesores é a de crear un entorno e necesidade para que os nenos e mozos teñan unha motivación real para falar en inglés.


A inmersión cultural é a clave para o éxito destes campamentos.

Este campamento nace coa idea de involucrar a nenos e mozos noutras culturas a través dunha lingua que as une a todas.


Programa de actividades

Todas as actividades están orientadas a que os rapaces se divirtan e aprendan ao mesmo tempo pero sempre tendo en conta as súas idades e as súas inquedanzas.  Obradoiros de actividades lúdicas, plásticas, artísticas e musicais.

• Cultura termal
• Manga e cultura xaponesa
• Iniciación ao ioga
• Origami
• Ikebana
• Xogos de cooperación
• Xogos na auga
• Xogos comunicativos
• Experimentos divertidos
• Reciclaxe, consumo responsable
• Natureza e entorno
• Xogos tradicionais e típicos das distintas culturas que imos coñecer: americana, británica, xaponesa.


Garantía Saint James

• 15 Anos ensinando a falar inglés
• Máis de 5 anos facendo campamentos en inglés
• Membros de ACA (Asociación Americana de Campamentos)
• Atención personalizada antes, durante e despois do campamento
• Número de emerxencias as 24 horas
• Seguro médico e de responsabilidade civil a nome de cada participante incluído.

Saint James Institute S.L.
CIF: B15690274
Pérez Constanti, 5 Bxo. 15702 Santiago de Compostela T. +34 981 554 609
Web: www.saintjamesinstitute.com  e-mail: info@saintjamesinstitute.com

Prezo: as inscricións antes do 14 de xuño teñen desconto: 200,00 euros, a partir dese momento, 250,00 euros.

Inscrición on line neste formulario.



No hay comentarios: