A 13 edición do Festival de Cine Internacional de Ourense celebrarase do 11 ao 18 de outubro de 2008.
O Festival de Cine Internacional de Ourense presenta anualmente unha selección das producións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galicia e de todo o mundo entre longametraxes de ficción, documentais de creación e curtametraxes de todos os xéneros procedentes de máis de 80 países distintos.
Este ano introdúcese por vez primeira unha sección adicada ás producións de animación e outra adicada a Novos Media.
Web oficial do festival: http://www.ouff.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario